AQUATRAINING, PARA XENTE ACTIVA QUE DESFRUTA TANTO NA AUGA COMO EN SECO

24/11/2021

Sabedes o moito que nos gusta entrar nalgunha das nosas clases para “espiar” un pouquiño e despois poder contarvos! Así que nesta ocasión fomos a Máis que Auga Coia coa técnica de piscina Lucía Llorente a unha clase de Aquatraining.

 

Como sempre comezaremos por explicarvos en que consiste esta actividade, porque aínda que vos dixemos que é de auga, unha das súas características é que combina traballo en seco con piscina. Lucía é quen mellor nolo pode explicar: “Aquatraining é unha forma distinta de adestramento onde se combina o traballo en auga e o traballo en seco”. Vai dirixida a xente activa, de calquera idade, que saiba nadar mínimamente”.

 

Trabállanse todas as partes do corpo, tal e como poderías facer na sala (bíceps, tríceps, costas,  ombreiros…), pero combinándoo con partes de nado e partes aeróbicas en piscina pequena (correr, saltar). É unha actividade moi divertida que encanta á xente precisamente pola variedade e a esixencia.

 

E como estrutura Lucía a clase? Una parte de quecemento, onde inclúe algún tábata e algo de cardio, para pasar posteriormente á parte principal, onde hai traballo en seco, intercambiados con natación e un apartado final de Core e estiramentos.

 

Claro que temos que coñecer os beneficios desta práctica deportiva. Lucía destacou varios: “Mellora a condición física-mental, é unha actividade con pouco impacto polo feito de traballar dentro da auga e co peso a elección; traballa todos os niveis musculares en distintos medios, mellora a condición aeróbica e a máis importante: As risas e o bo ambiente que se respira!”.

 

Así que despois de coñecer a actividade da man de Lucía, acudimos aos usuarios, que son os grandes protagonistas. Comezamos cun dos veteranos, Adrián, que leva nestas clases tres ou catro años, e cando lle preguntamos o motivo polo que elixe Aquatraining di “auga”. “É unha combinación de traballos aeróbicos con certo peso nalgún  dos seus exercicios e alternando serie de 50 metros nadando. É unha boa saída para adestrar algún deporte que che requira estar ben fisicamente na auga (surf, por exemplo) así como para manterte en forma se che gusta a piscina”.

 

Adrián destacou que esta clase, tal e como está estruturada, “permíteche ir ao teu ritmo tanto sexa alto, medio ou baixo. Esta é a razón de que as idades oscilen entre 22 a 67 anos”. E rematou cun cariño para a técnica: “E todo isto é grazas ao gran traballo e esforzo de, neste caso, Lucía, que se  esmera día tras día en sacar o mellor de nós mesmos e variar as clases de tal modo que en ningún momento, en todo este tempo, chegouse a caer na monotonía. Se che gusta a auga, estar en bo estado físico e gozar do bo rollo que se respira, esta é “A clase”.

 

E despois dun veterano, imos cunha das últimas alumnas en incorporarse. Inma comezou este verán: “Empecei á vez que co curso de natación, pero antes tiña problemas de horarios  porque se solapaban, pero co cambio de horario, acabo a clase Progresa e engancho aquatraining”. Inma destacou de aquatraining que “é unha clase moi dinámica, e unir  exercicios tipo bodycross (eu era asidua a esta clase) na auga gústame moito, ademais de ter menor impacto, algo importante para min xa que teño o xeonllo dereito un pouco tocado”.

 

Cando lle preguntamos a Inma que é o que máis lle gusta da clase di varias cousas: “Toda a clase en si e, por suposto o bo ambiente que temos todos os que vamos xunto con Lu, que se encarga de darnos “caña” e de crear bo ambiente”.

 

Esta é outra das nosas actividades que están incluídas no abono, polo que se queredes probar, só tedes que ver os horarios e reservar a vosa praza. Seguro que non vos ides arrepentir!