AQUAFLASH ESPÉRAVOS NAS PISCINAS DE NAVIA!

29/10/2020

Xa quedan moi poucos días para que poidas coñecer as actividades  AquaFlash de forma gratuíta! É a nosa revolución da auga. Nestas últimas semanas estivemos celebrando varias  masterclass no Máis que Auga de Navia, para que puidésedes ir coñecendo, de forma gratuíta,  estas novas actividades, absolutamente novas en España.

 

Durante tres martes consecutivos presentamos  AquaFlash en diferentes variantes. A primeira foi  AquaFlashBike, que conta para a súa execución, como o seu nome indica, cunha bicicleta, pero nesta ocasión dentro da auga. Dentro do  Bike hai dúas modalidades: O  BikeCycling é ciclo  indor dentro da auga, pero as sensacións son diferentes e exercitas outros grupos musculares. E co  Biketraining trabállase tamén o tren superior, sempre con música e un gran dinamismo.

 

Posteriormente coñecemos o  FlashCombat, unha actividade na que se combina a auga e as artes marciais. Levámonos os sacos de  boxeo  e as luvas á piscina e realizamos un traballo muscular moi potente, tanto do tren superior como inferior. Música, auga e golpes!

 

E esta semana chegou a quenda de FlashPole, que moitos coñeceredes pola súa versión en seco. Pois aquí levámonos a barra á auga e bailamos co principal apoio da barra e a auga. “Co  pole realizas un traballo eficaz para todo o corpo, mellora o equilibrio e fai un gran traballo na zona do  core, así como unha mellora  postural. E todo iso, coa vantaxe de que ao realizarse na auga, tes a impresión de que se fixo moito menos esforzo”, cóntannos os nosos técnicos. É un traballo en suspensión (coa barra) e en flotación (pola auga) adaptado para calquera público.

 

E a cuarta das actividades é o circuíto, unha combinación das tres, que che permitirá realizar un traballo moi completo e sen a posibilidade de aburrirte. Traballarás tren superior, inferior e abdominal. E sairás como novo!

 

Pero o mellor é que os  animedes a probalo e de forma gratuíta! Ata finais de mes tedes a posibilidade de apuntarvos a algunha das clases que están xa incluídas na nosa programación en Navia (comezaremos a implantación de  AquaFlash en Navia, para posteriormente levalo ao resto das nosas instalacións). Só debedes reservar a vosa praza no quiosco ou a través da APP ou a web.

 

Ademais, é moi importante que lembredes que todos os que vos inscribades nesta actividade antes de final de mes, teredes unha promoción: O mes de decembro, ao 50%! O prezo do curso (1 día á semana podendo escoller día, actividade e hora) será de 11.45€/mes (socios) e 22.90€/mes (non socios). E ademais, contaremos cunha tarifa plana para AquaFlash, que che permitirá ir os días que queiras a todas as actividades da nosa revolución da auga cun custo de 15€/mes (socios) e 30€/mes (non socios).

 

E non esquezades que é unha actividade que se realiza na auga, por tanto sen máscara, cumprindo coas distancias de seguridade e que cada persoa conta coa súa propio material de uso individualizado e que foi  desinfectado antes da utilización.