Apúntate ao equipo Máis que Auga para participar na proba Correndo por Vigo

17/01/2016

Abrimos  a inscrición para formar parte do equipo Máis que Auga que participará, como todos os anos, na proba popular Correndo por Vigo.

Todas as persoas interesadas en formar parte da Marea Amarela deben presentarse na recepción de calquera das nosas instalacións (Barreiro, Coia ou Navia) co comprobante de que se inscribiron xa na carreira (a través da web da proba Correndo por Vigo) como membro do equipo Máis que Auga.

A nosa empresa, como colaboradora deste evento, disporá de 150 prazas para formar o equipo Máis que Auga que participará na proba Correndo por Vigo o próximo día 31 de xaneiro no barrio do Calvario. Os socios de Máis que Auga contan cun prezo especial de inscrición na proba (7 euros) e para iso debes seleccionar esa opción no apartado club, cando realices a inscrición na proba na páxina web de Correndo por Vigo. O grupo Máis que Auga logrou o premio como grupo máis numeroso nas tres edicións anteriores desta carreira e o obxectivo é volver gañar nesa categoría.

A quinta edición da Correndo por Vigo celebrarase o próximo día 31 de xaneiro. Ás 11.00 horas do domingo arrinca da rúa Jenaro de la Fuente e percorre o barrio de Ou Calvario. Son 10  quilómetros de carreira. O ano pasado participaron 1.700 persoas nunha gran festa de lecer e deporte.