Última semana do Campus de Verán Máis que Auga!

28/07/2017

Estás levando mal cadrar o teu horario laboral coas vacacións dos teus fillos? En Máis que Auga temos o plan perfecto: ata o 8 de setembro o Campus de Verán de 9.30h a 13.30h. O Campus é o lugar ideal para que os nenos gocen desta tempada de ocio: xogan, practican diferentes actividades deportivas e interrelacionan con outros nenos da súa idade.

O Campus desenvólvese nas instalacións de Máis que Auga Barreiro e Navia e no centro de ocio para nenos en Vigo,  Máis que Peques. En Barreiro poden ir nenos de 4 a 14 anos, en Navia de 7 a 14 anos e en Máis que Peques de 3 a 6 anos.

O Campus de Verán ten horarios especiais para os pais que precisen deixar antes aos seus fillos nos centros ou recollelos máis tarde do horario fixado: polas mañás funciona o servizo de madrugadoiro (poden entrar  ás 8.00 horas);  e ao mediodía poden saír ás 15.00 horas. Os nenos que saian máis tarde poden levar a súa comida de casa para xantar no centro.

Nas instalacións de Barreiro e Navia os nenos practicarán diferentes actividades: dende deporte a xogos tradicionais e populares. Tamén se organizan excursións e se programan prácticas deportivas fora das instalacións como é o caso do paddle surf.  O Campus Máis que Auga para nenos  fomenta a interrelación entre os rapaces e crea lazos de amizade entre eles.

Máis que Peques, ubicado nas instalacións de Navia está dirixido por especialistas en educación. Durante o transcurso do campamento, ademais de gozar os nenos traballan as súas habilidades psicomotrices. Na programación de verán de Máis que Peques tamén se inclúen actividades na piscina. Máis que Peques está pensado e deseñado para satisfacer a demanda existente de centros de ocio para nenos en Vigo.

Á hora de facer a inscrición pódense escoller semanas, quendas ou un mes enteiro.

  • Semanas:  55 euros para abonado e 80 euros para os non socio
  • Quendas : 100 euros para abonados e 150 para non socios
  • Mes:  180 euros para abonados e 280 euros para non socios

As tarifas para Máis que Peques son:

  • Semana: 102  euros para abonados e 120 euros  para non socios
  • Quenda: 152  euros  para abonados e 180 euros para non socios
  • Mes:  234 euros para abonados e 276 euros para eventuais

Para os pais que apunten a máis dun fillo no campamento existen descontos especiais. As incricións poden formalizarse en calquera dos puntos de atención ao cliente dos centros de Barreiro, Coia e Navia.

Consulta aquí os horarios

Video Campus