Un hombre tirándose de cabeza en la piscina de un gimnasio en vigo

Aprende a ser como un peixe en Máis que Auga

15/01/2017

Máis de 6. 000 cursillistas, entre nenos e adultos pasan polas piscinas de Máis que Auga para aprender a nadar, mellorar o nivel que teñen ou perfeccionar ao máximo a súa técnica para ter un alto rendemento. Para Máis que Auga, igual que para o corpo humano a auga é  parte do  noso ADN e espina dorsal das nosas actividades. Contamos cos mellores profesionais e con nós adestran deportistas da talla de Chano Rodríguez e Susana Rodríguez Gacio que o ano pasado participaron nas paraolimpiadas de Río.

Na Escola de Actividades Acuáticas impartimos clases de natación para nenos dende os 6 meses ata os 18 anos. Nas nosas piscinas tamén damos clases a alumnos de colexios de Vigo que teñen a natación como actividade extraescolar. En función do seu nivel os nenos adestran en diferentes grupos: miñoca, tartaruga, calamar, xurelo, cachalote, golfiño e escualo.

A metade dos cursillistas de natación de Máis que Auga, preto de 3.000 son  adultos. Ás nosas piscinas veñen dende os que non saben nadar ata os que queren mellorar a súa técnica. Para adultos temos catro niveis: Descobre, Progresa, Perfecciona e Máster.

Descobre está pensado para persoas que non saben nadar. Progresa  para os que saben flotar e desprazarse. Perfecciona para aqueles que se desprazan con facilidade pero queren mellorar a súa técnica. Máster é para os que dominan os estilos de crol e costas polo menos.

En Máis que Auga tamén temos un grupo de travesías, no que poden participar os que están no nivel de Perfecciona e Máster e que adestra todos os sábados pola mañá nas piscinas durante o inverno. No verán os adestramentos fanse na praia do Bao e os integrantes se preparan para as travesías que se fan na  Ría de Vigo.  A este grupo pode apuntarse quen queira sempre e cando teña o nivel axeitado.