Monitora de yoga en gimnasio Vigo

Aprende a relaxarte nas clases de ioga de Máis que Auga

19/02/2017

En Máis que Auga ofrecemos aos nosos usuarios un amplo abano de actividades para que escollan as que máis se adatpan ao seu perfil e as súas preferencias: entre elas está o ioga, unha disciplina  que a través de diferentes técnicas de respiración, movemento e meditación melloran o noso estado de saúde global.

As clases de ioga impártense nas tres intalacións de Máis que Auga en Barreiro, Coia e en Navia.  O prezo en Barreiro e Coia é de 8,10 euros mensuais para os socios e de 16,20 euros para os que non son abonados. Nas instalación de Navia o prezo é de 8,35 euros mensuais para os abonados e de 16,65 para os que non son socios.

A maioría das persosas que practican ioga fanno por dous motivos: aliviar problemas de espalda e aprender a relaxarse.  Pero o ioga aporta outros moitos beneficios.  No plano físico se traballan movementos da columna para desbloquear  zonas que non movilizamos normalmente. Nas clases tamén se exercitan as articulacións, axudando a a flexibilizalas e lubricalas,  permitindo unha mellora  que se nota ás poucas sesións.

Os exercicios de respiración consciente e controlada que facemos nas nosas clases permiten unha mellor oxixenación do sangue e un traballo dos músculos responsables da respiración que reforza a caixa torácica e contribué a unha mellor posición corporal.

É importante ter en conta os beneficios do ioga no plano psíquico xa que nos reporta un estado de serenidade moi gratificante. O sono tórnase máis profundo e reparador e os exercicios inducen á relaxación e ao descanso