APOSTA POLOS ALIMENTOS DE TEMPADA! NA PRIMAVERA, XUDÍAS, CENORIAS, AGUACATES, AMORODOS…

28/04/2023

Desde o Gabinete de Nutrición de Máis que Auga Navia sempre nos insisten no importante que é que apostemos polos produtos de tempada. E o certo é que hai moitos motivos para iso: O primeiro e fundamental que as froitas e verduras de tempada son máis ricas e saudables e o segundo, que tamén é importante para os nosos petos, é que o produto, sendo de máis calidade, é máis barato que fóra de tempada. A isto hai que engadirlle que ademais será unha produción máis sostible e ecolóxica, xa que ao producila fóra de tempada hai que acudir a invernadoiros e darlles calor artificial para que alcancen a maduración.

 

Por iso, o mellor é comer cada produto cando toca! Así que hoxe ímosvos a contar que é o que toca na primavera.

 

Con respecto ás froitas, é o momento perfecto para comer amorodos, albaricoques (maio), aguacate, frambuesas, limón ou mandarina.

 

E se falamos de verduras, tamén temos moitas opcións: Espinacas, cenorias (maio) berenxena, xudías ou remolacha. Tamén hai peixes e carnes de tempada, aínda que é certo que non é tan habitual falar deles. Para a primavera, o noso nutricionista Víctor Vázquez aconséllanos comer bacallau, cabala, angulas, pescada, sardiñas, sepia ou rémol (coruxo), en canto a pescados; ameixas e ostras, de marisco e en carnes, fígado e/o coello.

 

Tamén nos gusta moito ofrecervos algunhas propostas para cociñar estes produtos de forma saudable e saborosa, así que acudimos a Víctor en busca de ideas, e nunca nos defrauda. Aquí deixámosvos as súas suxestións, que xa nos abren o apetito e dannos ganas de coller o mandil e probar!

 

Amorodos e frambuesas: Tortitas de avea e plátano rodeadas de amorodos e frambuesas

Aguacate: Maionesa de aguacate para sándwichs; guacamole con langostinos; ensalada de arroz

con salmón e aguacate

Espinacas: Crema de verduras con espárragos e espinacas; tortilla francesa con espinacas

Berenxenas: Lasaña de berenxenas; berenxenas recheas de atún

Remolacha: Hummus de remolacha; ovos con remolacha

Bacallau: bolos de vento de bacallau; bacallau á portuguesa

Pescada: Pescada en salsa verde

Sepia: Croquetas de sepia; sepia con arroz negro; Sepia con maionesa de wasabi

Sardiñas: Tosta de sardiñas en cama de sal; empanada de sardiñas; sardiñas en papillote con arroz e verduras

Ameixas: Ameixas á mariñeira; taco con rape; salmonete; ensalada e ameixas

Ostras: Bolos de vento de ostras; ostións á parmesana; ostras ao forno

Fígado: Fígado encebolado; fígado de tenreira á mostaza

Coello: Coello guisado ao allo; paella de coello