APETÉCEVOS UN MERGULLO NAS PISCINAS MÁIS QUE AUGA?

12/07/2020

Están as piscinas de Máis que Auga máis apetitosas que nunca! Sen abafos e con bo tempo presentan un aspecto impresionante e a verdade é que a auga te chama para refrescarte e gozar. Ademais, desde inicios de xullo xa podemos celebrar actividades colectivas na auga (iso si, sen contacto entre as persoas), polo que as posibilidades son maiores.

 

Desta forma, temos cursos de natación para nenos e adultos. Para nenos temos a opción dos cursos intensivos que sempre realizamos no verán. Son cursos semanais, con clases diarias dunha hora de duración para que os críos poidan perfeccionar a súa natación. Realízanse nos niveis de tartaruga/camalar, que son para nenos e nenas que xa están familiarizados coa auga (saben como mínimo flotar), pero sen moito estilo.

 

Para adultos, temos algúns cursos de natación como progresa, perfecciona ou master (consulta as diferentes opcións de cada centro) e ademais clases variadas como aquagym (actividade  aeróbica con música, moi divertida), actividade física na auga (para maiores de 60 anos), funcional (para mellorar o movemento) ou  aquapilates (os principios básicos do  pilates pero na auga), todas elas incluídas na mensualidade habitual. E fóra do abono, hai opcións como natación elite e  embarazauga nalgún dos nosos centros.

 

Pero como sempre… Non nos mires, únete e goza de cada clase, dirixidas por grandes técnicos que lograrán non só que mellore a túa condición física, que si, senón que tamén conseguirán que pases un intre divertido e con grandes compañeiros.

 

A continuación, tedes as ligazóns cos horarios de auga nas distintas instalacións, para que poidades elixir a clase que máis vos interesa.

Este verán, máis que nunca, Máis que Auga!