AO SON DA MÚSICA DO LAGO DOS CISNES

21/01/2021

É outra das nosas clases para os máis pequenos da casa, na que además de bailar aprenden dos clásicos da música. Si, son as clases de ballet kids, para nenas e nenos de catro ou máis anos, que se celebran os luns en Máis que Auga Navia.

 

Esta clase comezou no mes de setembro de 2019, pero coa pandemia parouse a agora novamente, con todas as medidas de prevención necesarias, volvemos da man da nosa mestra Débora da Silva Lima. Cambiaron as cousas? Si, así nolo explica Débora: “Cambiou un pouco, a verdade. Non facemos coreografías con contacto físico e mantemos as distancias na clase. Ademais, seguimos totalmente o protocolo, con máscaras, distanciamento e hixiene”. Iso sí, a nosa técnica reconoce que “as alumnas son cada vez máis responsables e máis comprensivas”.

 

A actividad consiste en aprender ballet clásico, pero dunha forma máis lúdica y creativa, de forma que sexa un xogo tamén para os pequenos. Unha das partes que se perdeu con motivo da pandemia son os debuxos que a mestra sempre lle daba aos participantes, para aprender novos pasos dunha forma divertida: “É unha das cousas que perdemos pola COVID, para evitar contactos. É unha pena, porque a eles lles encantaba, pero por seguridade, decidimos suprimilo. Iso si, as nenas me traen os seus debuxos, o cal me fai moita ilusión”. Actualmente, Débora só ten nenas na clase, pero anima aos rapaces a sumarse, xa que é unha actividade para ambos sexos”.

 

Nestes intres Débora está traballando co Lago dos Cisnes de Chaikovski. “Facemos exercicios de aprendizaxe, para aprender posturas e algúns pasos y despois os incorporamos a unha pequena coreografía”. As nenas gozan e moito da clase e tamén da súa ropa, xa que aínda que non é obrigatoria, normalmente veñen cos seus maillots, zapatillas de ballet e tutús: “E agora coas súas máscaras monísimas de bailarinas”.