ANTONIO SERRAT, QUINTO EN ABU DHABI E LÍDER DO MUNDIAL

09/11/2021

Era a última proba da tempada para o noso deportista Máis que Auga, Antonio Serrat, e chegou cun premio inesperado para o vigués: Líder do Mundial de tríatlon tras ser quinto na proba de Abu Dhabi.

 

Antonio fixo unha campaña excepcional. Foi unha tempada moi longa, larguísima, e na que sempre competeu polos primeiros postos. En 2021, sen dúbida, así o din os resultados, foi o mellor triatleta español, e un dos mellores do mundo. E por iso, pola súa constancia en cada proba disputada, por non renderse nunca e loitar ata o final, atopouse este fin de semana o premio inesperado de ser o número uno no ránking mundial.

 

Pero comecemos pola proba das Series Mundiais de Abu Dhabi. O noso deportista finalizou na quinta posición, logo de haber ter algúns problemas na natación: “Non empecei ben, quedei moi encerrado, porque houbo moita pelexa e era difícil moverse no grupo. No tramo final puiden recuperar un pouco, pero aínda así saín atrasado”, contounos Serrat, que saíu do auga a 35 segundos do líder.

Así que tocou traballar duro na bici, e aquí as sensacións si foron boas e conseguiu enlazar co primeiro grupo formado por 17 unidades e chegar así á T2. Desde o principio, Vincent Luís e Jelle Geens marcaron un ritmo moi forte, que seleccionou un grupo de cinco entre os que se atopaba Serrat. Pero nos últimos quilómetros fóronse Geens, Luís e o húngaro Bicsak, e Antonio non puido responder a este ataque final. “Nos últimos quilómetros estaba na cuarta posición, pero non me vía con forzas para alcanzar ao trío dianteiro, e a falta de 500 metros pilloume o francés Le Corre. Xogámosnola ao sprint e el impúxose e eu quedei quinto”, indicou.

 

E ao finalizar a carreira, cando se estaba recuperando do esforzo, “viñeron buscarme para levarme ao podio porque me poñía líder do Mundial. Foi algo totalmente inesperado xa que non fixera contas nin nada. Unha sorpresa moi bonita”.

 

E como chega este liderado? O Mundial 2021 finalizou en agosto con Serrat na oitava posición, pero dese mundial no principio do ano aprazáronse dúas probas (Hamburgo e Abu Dhabi) pola COVID-19, que se celebraron en setembro e novembro e que se decidiu que puntuarían xa para o Mundial 2022, que este ano comezou en setembro do 21. Pois Antonio, na liña de toda a tempada, estivo sempre cos mellores. En Hamburgo foi quinto e en Abu Dhabi repetiu a mesma posición e con eses dous quintos postos colocouse ¡líder do Mundial 2022!

 

E así, no número 1 do ránking mundial tomarase unhas semanas de descanso, antes de regresar aos adestramentos. Recoñece que este premio “é un aliciente máis para empezar a próxima tempada aínda con máis ganas”, aínda que non oculta “que mantelo será tremendamente complicado”.

 

Actualmente Serrat, tras estas dúas primeiras probas, lidera a xeral con 1.464 puntos, 40 máis que o alemán Tim Hellwig, duodécimo en Abu Dhabi e ganador o pasado 18 de setembro en Hamburgo (Alemaña), onde o español tamén acabou quinto.