AMPLIACIÓN DO HORARIO DO SPA E DO RANGO DE IDADE NOS MENORES DO ABONO FAMILIAR, NOVIDADES EN SETEMBRO

02/08/2023

Cada vez está máis preto o inicio da nova tempada e comezamos a coñecer algunhas das novidades que chegarán en setembro. Hoxe ímosvos a contar dúas delas, que vos poden interesar e beneficiar.

 

Ampliación do horario de spa. A partir do 1 de setembro, de luns a venres, poderedes gozar dun horario continuado no spa, sen o peche ao mediodía. Desde o principio explicamos que os peches parciais dos balnearios urbanos eran unha medida provisional para facer fronte á grave crise enerxética mundial que estabamos a vivir e aos poucos, fomos aumentando as horas de apertura. Así, a partir do mes de setembro ampliamos horario!

 

Ampliación do rango de idade nos menores do abono familiar. Era unha petición que recibiramos por parte de varios usuarios/as e esta tempada Máis que Auga decidiu ampliar o rango de idade nos menores que poden incluírse no abono familiar, que  chegará ata os 17 anos (actualmente é ata 14).

 

É unha *promoción que comezará o 1 de setembro e que permitirá a moitas familias, que agora teñen abonos individuais, acceder ao deporte a un custo menor. Ademais, é importantísimo axudar aos máis novos a manter hábitos saudables, agora que a obesidade aumentou tanto entre os menores, dado o sedentarismo e o comido lixo.

 

Ademais, ata o 31 de agosto teremos unha promoción que afecta ao abono familiar. Calquera persoa que se integre nunha cota familiar, poderá realizalo sen ter que abonar a matrícula. É dicir, se che interesa incluír a un dos teus fillos/as que ata o de agora estaba fóra pola idade, este pode ser o mellor momento!

 

Se tedes algunha dúbida, o mellor é que vos poñades en contacto co servizo de atención ao cliente na recepción das nosas instalacións, e as nosas compañeiras e compañeiros estarán encantados de poder dar resposta a todas as vosas dúbidas.

 

* É unha promoción que empeza o 1 de setembro sen que se marcara a data de finalización.