ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA E DEPORTE, PARA PLANTAR CARA Á OBESIDADE INFANTIL

23/07/2020

A obesidade infantil é unha realidade en España e o confinamento non fixo máis que agravala. Así, os expertos falan de que os nenos e adolescentes subiron unha media de tres quilos durante estes meses pechados na casa. A Sociedade Española de Obesidade (SEEDO), estimou un incremento medio próximo ao cinco por cento no peso dos nenos e adolescentes tras o confinamento polo Corona Virus.

 

Os motivos son obvios: Os pequenos están afeitos a un nivel de actividade que se paralizou de forma drástica durante máis de dous meses, mentres que a alimentación (non sempre a máis sa) continuou igual. Por iso, é fundamental apostar por unha boa combinación entre alimentación e actividade física.

 

O Consello Xeral da Psicoloxía tamén se referiu aos problemas psicolóxicos e sociais, entre os que se atopan os trastornos alimentarios, como consecuencia do confinamento en nenos e adolescentes. E os especialistas lembran que a obesidade ten graves consecuencias na saúde como  hipertensión,  hiperglucemia, trastornos do soño, diabetes tipo 2 na infancia… e sen esquecer as psicolóxicas.

 

Neste artigo de ABC, pediatras lembran a necesidade de ofrecer aos nenos e adolescentes unha dieta equilibrada e nutritiva, na que non falten verduras, froitas, legumes, cereais… e sen esquecer unha correcta  hidratación.

E acompañando a unha alimentación saudable e equilibrada, ten que estar o deporte. Segundo as indicacións dos expertos, os nenos e adolescentes deben realizar uns 60 minutos ao día de actividade física moderada ou vigorosa. En  Máis que Auga tedes diferentes opcións para os vosos pequenos. Na piscina, contades durante o verán cos cursos intensivos de natación, que teñen unha semana de duración cunha clase diaria dunha hora.

 

En sala, podedes apostar polas clases de zumba ou  wodfit  kids ou júnior, nas que poderán realizar deporte en grupo, pero nun espazo controlado e coa distancia social asegurada. Ademais, non esquezades que os socios de  Máis que Auga teñen a posibilidade de xogar gratis ao pádel nas pistas descubertas de Barreiro, polo que tamén aquí atoparedes unha oportunidade para xogar en familia a un deporte moi divertido para todas as idades.