Alex Brea, de Máis que Auga ao Mundial de México como adestrador da selección

26/10/2017

Alex Brea forma parte do equipo técnico de Máis que Auga  e é o adestrador do noso paralímpico Chano Rodríguez. A finais de novembro os dous viaxan a México coa Selección Española de Natación Adaptada para participar no Mundial que se celebra en México DF do 27 de novembro a o 7 de decembro. Nesta ocasión, Alex tamén acude  como parte do equipo técnico da selección: é dicir ademais de Chano terá ao seu cargo un grupo de nadadores aos que adestrará durante eses días.  Polo tanto este Mundial é motivo de doble alegría para a familia Máis que Auga.

 -Que supón para ti o feito de participar neste Mundial?

Para min é un orgullo formar parte da selección nacional e un recoñecemento a todo o traballo e esforzo que realizamos Chano e máis eu durante a tempada. Desgraciadamente no noso país nin os nadadores paralímpicos nin os seus adestradores podemos vivir desto: así  que esto é o premio a todo ese esforzo. Dame a oportunidade de desfrutar da miña paixón que é a natación de competición

É a túa primeira vez nun Mundial?

Non, é a segunda. O primeiro no que participei foi a Glasgow no ano 2015 no que conseguimos unha plata competindo a moi bo nivel.

-Con qué expectativas acudes a este Mundial?

Como adestrador vou coas expectativas máis altas. Sempre traballamos para o ouro, non hai outro obxectivo nas nosas cabezas. Despois hai que tirarse a auga e competir e aí pode pasar calquera cousa. O nivel cada vez é máis alto e as finais están moi igualadas.

Tamén vou aprender. Cando estou alí observo moito aos países máis potentes como Estados Unidos, Canadá, Xapón , Brasil e Reino Unido. Traballan moi ben, apostan forte polo deporte adaptado e temos moito que aprender deles.

-Como ves  Chano de cara a este mundial?

Chano está nun momento deportivo moi bo. Preparamos moi bien tanto o adestramento na auga como a preparación física. A nivel psicolóxico está moi forte, moi tranquilo con moitas gañas de competir ao máis alto nivel e seguir demostrando que a idade e só un número. Este é un Mundial moi importante para él.