ALBA PRADO: “EGYM ADÁPTASE MOI BEN A MIN, PORQUE FAI FÁCIL O TRABALLO QUE MENOS ME GUSTA”

04/04/2021

Alba Prado é membro de Máis que Auga desde o inicio. Viviu connosco a apertura do centro de Coia e nunca se afastou da que ela considera a súa familia: “O que máis me gusta de Máis que Auga é precisamente que é unha familia. Non só vou adestrar, que para min é fundamental, senón que vou ver á xente de sempre, a estar con persoas que coñezo desde hai anos e coas que me levo moi ben. É como unha reunión social”.

 

Alba recoñece que non pode vivir sen deporte: “Para min é parte fundamental da miña vida, durante o confinamento seguía as vosas clases de Casagym e tíñavos no salón da miña casa”, chancea. Así, visítanos case todos os días. Fai todas as clases que pode: “Zumba é obrigatorio catro veces á semana, non me importa o monitor”, pero tamén fai  pump ou  combat. E que é o que menos lle gusta? As máquinas. Resúltanlle aburridas.

 

Así que cando chegou  Egym a  Máis que  Auga  Coia, un dos nosos técnicos, Andrés, faloulle sobre o funcionamento do circuíto: “Explicoume como funcionaba e as súas vantaxes. Era algo que se adaptaba moi ben a min, xa que eu apúntome a todas as clases dirixidas que podo, pero o que máis me custaba era precisamente o tema das máquinas, porque me aburren”, manifestou. Así comezou a súa relación con Egym: “Con  Egym elixes o programa que se adapta aos teus obxectivos e a máquina é a que mide a forza. Despois da primeira proba está adaptada a ti, e vai facendo análise periódicos para ver a evolución e ir adaptando os pesos”, cóntanos Alba.

 

A nosa socia está encantada con este traballo e recoñece que cando máis notou os seus resultados foi á volta do confinamento o pasado ano. “Cando cheguei ás clases de  combat non podía levantar determinados pesos, que antes si podía. Así que me puxen a traballar a musculatura con Egym e enseguida recuperei. Ademais, Alba lembra que Egym ten diferentes programas dependendo do obxectivo que queiras alcanzar: “Está adaptado a todas as idades e condicións, xa que elixes o programa que necesitas e a máquina mide a túa forza para facer as cargas adecuadas. Pero que ninguén pense que só é para a xente máis maior, porque, por exemplo, o programa explosivo é durísimo!”.