Agora o reto está na auga!

17/03/2017

Dende que comezou 2017 en Máis que Auga  nos propuxemos  que éste ía ser un ano de retos e o ano sen excusas. Como non queremos nin podemos parar de aquí a xuño temos prantexado un novo desafío para todos os usarios que participan nos nosos cursos de natación: unha competición mensual na que poden participar todos os niveis.

Cada mes temos prantexadas varias probas para Descubre, Progresa, Perfecciona e Máster. Na zona de piscina verás unha pizarra  coas probas fixadas e o teu técnico pode informarte máis minuciosamente en qué  consiste cada unha delas. Por suposto as probas son voluntarias e podes facelas o día que ti consideres que te atopas preparado, só tes que comunicarllo ao teu técnico.  Os participantes que acaden os cinco  mellores tempos de cada nivel dos centros de Barreiro, Coia e Navia irán á final que se celebra en xuño.

Cada final de mes entregaremos un premio ao mellor nadador de cada nivel. Estas probas son un xeito de medir as túas melloras e avances. Con este reto queremos que compitas contigo mesmo, que sexas quen de superarte en aquelo que fas. E como sempre dicimos: non admitimos excusas!