Agora aínda máis wodfit en Máis que Auga

13/11/2018

Durante o mes de novembro en Máis que Auga podes impulsar o teu adestramento nos nosos box de Barreiro e Navia. Se o que che interesa é adestrar dun xeito divertido e esixente, agora podes vir probar a nosa proposta de wodfit de xeito gratuíto un día a semana.

A través de diversos exercicios funcionais, variados e executados a alta intensidade, na actividade de wodfit trabállanse capacidades físicas como a forza ou a resistencia para lograr un acondicionamento físico total. Ademais, se contratas a actividade para o mes de decembro terás dereito a un desconto.

Coma sempre en Máis que Auga, os nosos socios que xa están inscritos na actividade tamén poden tirar partido da promoción e gozar un día máis á semana para adestrar dentro dos horarios fixados.

Para inscribirte nesta oferta, só tes que escanear o código QR do cartel que ven ao final desta información e cubrir un formulario. Tamén podes acceder directamente ao formulario ao través deste enlace (https://goo.gl/fJLZF2).