ADESTRAMENTO PERSOAL, UNHA OPCIÓN MÁIS PARA O VERÁN

19/06/2022

Sabemos que no verán ás veces custas ir ao ximnasio, porque non atopades o momento, vos apetece máis estar no exterior, as vacacións, a familia… Por iso, para aqueles que non queren ou non poden deixar de facer deporte, o servizo de adestrador persoal pode ser o máis adecuado. Elixes, xunto ao teu preparador, a hora de adestramento e aproveitas ao máximo o tempo que estás no  gym, ademais de que terás a seguridade de que estás a facer un bo traballo e de que os resultados chegarán.

 

Pero imos comezar por explicaron en que consiste o adestramento persoal de  Máis que  Auga. “É un servizo exclusivo de adestramento personalizado e guiado, flexible nos seus obxectivos, contidos, métodos de traballo e horarios. Ten moitos e variados obxectivos, entre os que podemos destacar: Perda de peso, aumento de masa muscular, readaptación de lesións, mellora da mobilidade ou preparación de probas física-deportivas (oposicións, campionatos…), entre outros”, cóntannos os técnicos.

 

O primeiro paso: realizaremos unha entrevista co usuario/a para coñecer os seus obxectivos, facer unha valoración da situación actual, ver a dispoñibilidade horaria e realizar unha planificación acorde ao protagonista e os seus obxectivos. Así nolo explica o adestrador Jesús Cabezas: “Como adestrador persoal, un dos aspectos importantes é a planificación de cada unha das sesións dos nosos usuarios/as baseándonos nos obxectivos e nas características persoais de cada un, así como na corrección técnica de cada un dos exercicios expostos. Doutra banda, e tan importante como o anterior, é o compromiso que adquirimos entre usuari@ e técnic@ para alcanzar os obxectivos establecidos, tendo en conta as situacións persoais e as características propias de cada usuario/a”.

 

Jesús cóntanos orgulloso que, con este traballo ben feito e o compromiso das dúas partes, “son moitos os casos de éxito de persoas que adestrei que melloraron o seu estado de saúde (molestias de costas, recuperacións de lesións de xeonllo) e outros que melloraron o seu rendemento físico (superaron probas físicas de oposicións)”.

 

O adestramento persoal pode ser de media hora ou unha hora (tanto en sala, piscina como unha mestura de ambas), segundo decidan ambas as partes conxuntamente e durante este tempo, o monitor estará xunto ao usuario dirixindo a sesión de traballo. Ademais, o preparador tamén pode establecer “deberes” para casa, polo que a preparación non se limita ao tempo que permanezas no centro.