Entrenador personal con un usuario en gimnasio de Vigo

Adestramento persoal feito á túa medida en Máis que Auga

08/01/2017

Agora sí: chegou o momento de comezar a adestrar en serio. En Máis que Auga podes contar cun servizo de adestramento persoal axeitado ao teu perfil e as túas características. Os nosos técnicos deseñan un programa deportivo específico para ti dependendo de cal sexa o teu obxectivo: baixar peso, gañar masa muscular, curar  lesións ou mellorar ou teu rendemento.

Vencer a preguiza, estar motivado e conseguir ser constante no xinmasio non é unha tarea doada: nestes casos o papel dun adestrador persoal que te acompañe, te dirixa, te corrixa e te asesore no teu tempo de adestramento é importante.

A nivel emocional está demostrado que a figura do adestrador persoal é unha fonte de motivación básica e supón un apoio moral importante: a motivación mellora a constancia á hora de acudir ao ximnasio. Tes un rendemento maior xa que estás continuamente acompañado e asesorado por un dos nosos profesionais. Se estás interesado en ter un programa feito a túa medida co teu propio adestrador pregunta no teu centro Máis que Auga de Barreiro, Coia e Navia.