Adestra en compañía con vantaxes Máis que Auga

01/11/2018

En Máis que Auga queremos darte novas oportunidades para aproveitar aínda máis o teu adestramento. A partir de agora podes acceder a un adestramento persoal pensado para ti, o Adestradúo compartindo a actividade con outra persoa e gozar do beneficio dun prezo reducido.

Non precisas formar ti a parella: calquera persoa que busca un adestramento máis persoalizado e eficaz pode compartir contigo a actividade; e tamén, claro, un amigo, un familiar, a túa parella ou compañeiro de traballo.

A fórmula, aplicable á adestramento en sala ou en piscina, conta co mesmo funcionamento do adestramento persoal, pero pensado para dúas persoas. Ademais de poñerte en forma en equipo, esta opción ten a vantaxe do aforro: nas franxas horarias previstas os socios de Máis que Auga poden vir cun acompañante ou atopar unha persoa dispoñible para compartir o adestramento a dúo, por 14.50 euros, en vez dos 18.55 euros dun adestramento persoal. No caso de non socios, o prezo redúcese de 41 a 29 euros.

Adestradúo é un xeito de compartir actividades físicas conxuntas. Está pensado para traballar a dúo os obxectivos previstos dependendo das vosas necesidades: aumentar a masa muscular e o fortalecemento en xeral, a perda de peso, a mellora da condición física xeral ou postural, ou seguir un ritmo marcado para preparar unhas oposicións.

A idea é compartir adestramento dun xeito máis entretido e motivador. A dinámica varía, xa que o adestrador persoal pode introducir variables que non se dan no adestramento único: propoñer probas que esixen a participación das dúas persoas ou mesmo confrontalas para realizar exercicios comúns. En resumo, o mesmo carácter persoalizable dun adestramento individual pero máis entretido: agora tes que cumprir contigo mesmo… e coa persoa coa que compartes adestramento!