Apúntate agora!

03/10/2016

Adestra 7 días de balde con Máis que Auga

Máis que Auga principia hoxe a campaña Es dono do teu corpo. Adéstrao para todos aqueles que aínda non probaron as nosas instalacións. A partir de hoxe poden  facelo de balde durante sete días nos que terán un plan de adestramento personalizado.

O único que hai que facer para gozar desta promoción é ir á páxina web www.maisqueauga.com/adestrao e cubrir os datos solicitados. A partires dese momento poderás pasarte polo centro que teñas escollido e comezar a disfrutar de sete días de adestramento de balde.

Para aqueles que, despois de probar Máis que Auga, decidan darse de alta antes do 31 de outubro terán un 50 por cento de desconto na cota de decembro e un agasallo sorpresa de benvida.

Esta campaña tamén quere premiar aos socios de Máis que Auga. Así que si es socio só tes que convidar a un amigo para que coñeza as instalacións. Se o teu amigo dáse de alta, de parte túa, antes do 31 de outubro ti tamén terás un 50 por cento de desconto na cota de decembro.