Actualización de tarifas ao IPC

31/08/2018

Coa chegada do mes de setembro, Máis que Auga actualiza as súas tarifas en base á actualización do IPC do ano 2018.

O Concello de Vigo aprobou a actualización do IPC interanual do período comprendido entre abril 2017 e abril 2018, cunha porcentaxe aplicada do 1,79% sobre os servizos contratados. Nesa liña, Más que Auga actualiza as súas tarifas  coa excepción de determinadas reservas de pádel.

Máis que Auga continúa a ser unha opción económica e de calidade para practicar actividades deportivas en Vigo, e para toda a familia.

Podes consultar a listaxe completa coas tarifas que entran en vigor o 1 de setembro de 2018 nos seguintes enlaces: