XORNADA DE PORTAS ABERTAS EN MAIS QUE AUGA.

O 6 de Abril é o día Mundial da Actividade Física, ven a Mais Que Auga suar a camiseta.

#actividadefisicamaisqueauga #activatemaisqueauga

 

Organización Mundial da Saúde (OMS) decidiu durante a 54.ª Asamblea Mundial da Saúde no 2002 que o Día Mundial da Saúde tería como tema a promoción da actividade física e, desde entón, a OMS mantivo este tema como un evento permanente.

Esta conmemoración comparte a misión de Máis Que Auga, que é “asesorar e promover a participación dos seus usuarios nas diferentes actividades deportivas, co fin de mellorar a súa saúde e a súa condición física nun contorno afectivo e social, e tamén de atinxir a excelencia na súa satisfacción”.

 

OBXECTIVO DA XORNADA:

Abrir as instalacións deportivas municipais a toda a ciudadanía de Vigo.

Inculcar na poboación hábitos de vida saudables.

Fomentar a práctica de actividade física.

Contribuír na loita contra o sedentarismo e contra a obesidade infantil.

 

EN QUE CONSISTE?

Necesaria inscrición previa, presentación no momento do acceso o mail de confirmación.

Portas abertas nos tres centros, de 16:30 h a 20:30 h.

Uso libre da instalación (auga, spa e sala fitness).

Actividades dirixidas (auga, seco e pádel).

Prazas limitadas.

 

INSCRÍBASE NO TEL. 886 689 854 OU NA RECEPCIÓN DO SEU CENTRO MQA.