Usuaria senior en gimnasio en Vigo

A actividade física máis alá dos 60 nos ximnasios en Vigo

19/10/2017

Rosario Rodríguez ten 67 anos e leva dous xubilada. É socia de Máis que Auga Barreiro, prácticamente dende que se inaugurou a instalación, e asegura que xa non podería vivir sen a súa rutina deportiva nos nosos ximnasios en Vigo.  De natureza activa (case se podería dicir que hiperactiva) Rosario non é quen de estar queta máis de dous minutos. Por iso, ao deixar de traballar intensifiou a súa axenda en Máis que Auga e agora é unha asidua do ximnasio, aquagym (as súa actividade favoritas) e natación. Pero nesa axenda mental que leva sempre con ela aínda figuran como “pendentes” as clases de zumba. Encántalle bailtar e tense prometido que as probará sí o sí.

Rosario tampouco perdoa o balneario urbano que temos nos nosos ximnasios en Vigo. Así que cando remata a súa actividade deportiva se concede prácticamente unha hora de relax no spa: tanto na piscina de chorros como na zona de sauna.

Ademais de atoparse moito mellor físicamente (asegura que perdeu quilos que lle sobraban e que gañou axilidade) Rosario asegura que acudir a Máis que Auga ten para ela outros moitos beneficios que non se ven a golpe de vista: “Vir ao ximnasio faite desconectar de todo, esqueces os problemas que podas ter e te sintes ben….ademáis falas con outra xente, te rís, en fin: unha maravilla”, asegura.

Actividade física para todos os perfís nos nosos ximnasios en Vigo

En Máis que Auga contamos con miles de usuarios do perfil de Rosario. Xente que pasa dos 60 anos, unha idade que permite estar totalmente activo e practicar deporte axeitado a ese perfil. Nos nosos ximnasios en Vigo temos sempre en conta a condición física dos nosos socios á hora de programar e deseñar as actividades: a maioría (agás as de alto rendemento como pode ser wodfit ou fitness express) son aptas para todos: ioga, estiramentos, zumba, aquagym, zumbaauga…

Na nosa web maisqueauga.com podes descargar todas as actividades tanto de  sala como de agua que temos nos nosos ximnasios en Vigo: Barreiro, Coia e Navia. Ademais ante calquera dúbida podes asesorarte cos nosos técnicos: eles aconsellarante sobre qué actividade é mellor para ti en función das túas características: preferencias, patoloxías ou estado físico.

O que has ter sempre claro, igual que o ten Rosario, é que a  actividade mellora a condición física e a calidade de vida. Tamén aumenta a autoestima e reduce o nivel de estrés. E sobre todo non esquezas que a felicidade e a procura do benestar non teñen límite de idade!