Actividade física durante o período de lesión

17/07/2019

Correr provoca con certa frecuencia lesións, por movementos repetitivos nas extremidades inferiores contra o chan e iso significa paróns nos adestramentos das e os deportistas.

 

Pero o descanso absoluto tampouco é o mellor, sobre todo porque despois a posta a punto é moito máis longa, polo que hai unha serie de exercicios que poden axudarche a recuperar a forma moito antes. Iso si, sempre despois de consultalo co teu médico para que dea o visto e prace a estas actividades.

 

Se contas coa autorización do doutor, sempre podes consultar cos nosos técnicos que tipo de actividade debes realizar. Dependendo da lesión, aquarunning (correr dentro da auga) podería ser unha opción moi interesante, xa que o xesto é o mesmo pero sen impacto e permite fortalece o nocello.  Ademais, sempre podes facer remo, onde o traballo fundamental é para o tren superior e mantés a forma, ou ciclismo e sen descartar a elíptica.

 

Na seguinte ligazón podedes consultar un interesante artigo sobre este tema.