Acompañámoste para chegar ás túas metas

23/02/2017

Soraya Valverde é usuaria de Máis que Auga, ten 26 anos, traballa como enfermeira e dende decembro ten a un dos nosos técnicos, Aitor Domínguez, como adestrador persoal.

Soraya xogou ao fútbol dende pequena pero unha  lusación na rótula e uhna rotura no tendón rotuliano a apartaron deste deporte.  Soraya decidiu contar cun adestrador persoal porque tiña claras tres cousas: quería poñerse nas mans dun profesional para retomar a súa forma física, recuperarse da súa lesión e volver a facer deporte sen dor. Eso sí, asegura que non tornará ao fútbol. Agora o seu obxectivo é correr, pero quere facelo ben e para eso é fundamental o traballo que cada semana fai con Aitor.

Segundo nos conta a propia Soraya non pudo caer en mellores mans: en só dous meses a súa dor remitíu, nos adestramentos non pode pasalo mellor e día a día nota como recupera a súa forma física. “É un profesional!” di entusiasmada referíndose a Aitor.

Dende o punto de vista técnico, Aitor explica que se adapta ás necesidades de  Soraya: “Traballo os seus eslabóns débiles para facer unha labor preventiva e paliativa en función da súa patoloxía”  Aitor tamén busca outro obxectivo que é conseguir que Soraya mellore a súa técnica de carreira e sobre todo que corra sen dor. Todo apunta  a que os dous están no bo camiño.

Ti podes facer o mesmo que Soraya. En Máis que Auga podes contar cun servizo de adestramento persoal axeitado ao teu perfil e as túas características. Os nosos técnicos deseñan un programa deportivo específico para ti dependendo de cal sexa o teu obxectivo: baixar peso, gañar masa muscular, curar  lesións ou mellorar ou teu rendemento.