ACHÉGATE A COÑECER O NOVO BOX DE NAVIA: MQBOX!

03/06/2022

Aqueles que pasedes por Navia seguro que apreciastes un cambio na fachada e, moitos, no interior. Para todos aqueles que practican  woodfit creamos un espazo novo, único, diferente e co mellor equipamento:  MQBox

 

E quen mellor para contarnos que é MQBox que o seu responsable, Manu Fidalgo. Así que acudimos a el en busca de información: “MQBox é un espazo para a potenciación e mellora das distintas capacidades físicas, dentro dun marco ameno, distendido e profesional”, explicounos Manu, quen insistiu moito en que ninguén pense que MQBox está reservado para xente cunha enorme preparación física. O principal é ter ganas de traballar e mellorar. “ MQBox vai dirixido a todas aquelas persoas que queiran mellorar a súa condición física de forma segura e divertida.  MQBox é divertirse adestrando, sen perder o foco técnico e sen esquecer que toda mellorar necesita un esforzo (e o seu descanso) previo”, asegurou Manu.

 

E cal é a mellor maneira de coñecer as cousas? Probándoas! Así que todos os abonados/as que teñan contratado Máis Dirixidas terán a posibilidade de acceder a 4 clases gratis de MQBox durante todo o mes de xuño.

 

No noso novo  box de Navia atoparémonos con 4 tipos de clases:

HIIT: Centrada na mellora da capacidade de resistir a diferentes esforzos. Ao ser alta intensidade, favorece a perdida de graxa. Baixa complexidade técnica.

FORZA: A capacidade física básica, sobre as que se sustentan as demais. Buscamos maximizar a eficiencia na execución dos patróns básicos de movemento.

TÉCNICA: Coordinación e asimilación dos movementos básicos a utilizar en  MQBox.

CROSSTRAINING: Clase que engloba todas as demais. Alta intensidade, forza e técnica. Orientada á  maximización de rendemento deportivo.

 

Na seguinte ligazón, tedes a programación de MQBox

Pero a mellor forma de coñecer MQBox é probando, así que esperámosvos en Navia!