Usuario haciendo una sentadilla en gimnasio Vigo

Aceptas o reto de Máis que Auga?

02/03/2017

Non é un segredo para ninguén: en Máis que Auga somos de retos e non somos quen de vivir sen eles. Por iso de aquí a maio retámoste a que deas o mellor de ti a través de diferentes probas mensuais que temos prantexadas nas tres instalacións de Barreiro, Coia e Navia.

Para este mes de marzo propoñémoste a seguinte proba: canto tempo es quen de aguantar facendo unha sentadilla isómetrica con cinturón ruso?  En abril retámoste a subir á bici e facer o maior número posible de metros en 5 minutos.  A última proba é en maio e consiste en canta  potencia relativa consigues en 10 paladas no remo ergómetro. Atréveste?

Se ademáis destes tres retos que che propoñemos queres sumar puntos extra, e aínda podes dar máis de ti, temos 3 probas alternativas que podes facer de aquí a maio:

  • 50 flexións, 100 ropejump e 50 wall ball
  • 200 metros de pes crol con aletas no menor tempo posible

As probas mensuais  desenvólvense na sala fitness de cada centro e os técnicos puntuan cada unha delas en función dos resultados obtidos. A final intercentros, cos  participantes que obteñan as mellores puntuacións de cada instalación, é o 22 de xuño no box de wodfit de Navia, e por suposto hai premios para os mellores. Aceptas o reto?