ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DA XIII LIGA MÁIS QUE AUGA DE PÁDEL!

02/10/2023

Seguro que xa tiñades mono de pádel e de competición! Nós estabamos a desexar anunciar o regreso da a liga Máis que Auga de Pádel e xa está aquí!

 

O 16 de outubro comezará a tempada de inverno da XIII Liga Máis que Auga de Pádel, a liga máis veterana da nosa cidade, que se desenvolverá nas instalacións de Máis que Auga Navia e Barreiro. Como seguro que sabedes todas e todos os afeccionados ao pádel, a liga Máis que Auga esténdese ao longo de nove meses e está dividida en dúas partes: Tempada de inverno e de verán.

 

En outubro comeza a liga de inverno, que consta de dous sectores (de seis semanas cada un) e que se celebrará de outubro a xaneiro. Os gañadores participarán o sábado 20 de xaneiro no Galicia Pádel Cup, un torneo interclubs de gran nivel, xa que só participan os gañadores de varios torneos que se celebran por toda Galicia.

 

Posteriormente, terá lugar a tempada de primavera (de xaneiro a xuño), que se dividirá en tres fases e tamén finalizará coa participación na Galicia Pádel Cup.

 

Como sempre haberá liga masculina, feminina e mixta e todas elas nos diferentes niveis, para que poidan competir tantos os que comezan, como os máis experimentados, fronte a deportistas do seu mesmo nivel (pas amarela, laranxa, verde, azul e marrón).

 

O custo da inscrición será de 12,50€ para o abonado/a, de 16,50€ para os cursillistas e de 20,50€ para os externos. Na segunda inscrición todos eles terán un desconto de 10€. Así que só nos queda deixarvos a ligazón para que poidades sumarvos á liga MQA de Pádel, na que teredes asegurados momentos únicos xogando ao deporte que nos une a todos/as! Lembra que o prazo de inscrición finaliza o día 8 de outubro! Non te despistes!