Aberta a inscrición para o torneo de pádel de Nadal

05/12/2018

Se a febre do pádel circula polo voso corpo, o voso lugar está en Máis que auga Navia o vindeiro sábado 15 de decembro. Alí, a primeira edición do torneo social de pádel Nadal Bodegas Eidosela agarda por vós e promete unha xornada de moita emoción, na que as nosas pistas estarán abertas a todos os deportistas que queiran participar.

Haberá categoría masculina e feminina e, en cada unha delas, por suposto, premiarase o esforzo e a técnica. Deste xeito, os campións e subcampións poderán marchar para a casa con trofeos e premios debaixo do brazo aínda que, como sabedes, o maior premio é vivir a experiencia tan ben arrodeados.

Se estades pensando en participar, non dubidedes nin un segundo máis, esta experiencia é para vós. A inscrición está aberta ata o vindeiro mércores, 12 de decembro e podedes facela a través da ligazón que facilitamos a continuación: https://goo.gl/forms/DoSU2VFPa2cnSpK42

Tamén podedes anotarvos de xeito individual e entrar nunha lista para buscar parella na seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/UInhrMm32x7h9yCu2

O prezo é de 10 euros para abonados e de 15 para alumnos e participantes nas actividades de pádel Máis que auga.

Agardámosvos!