A XI LIGA MÁIS QUE AUGA DE PÁDEL CHEGOU AO SEU FIN

02/06/2022

Sen dúbida foi a liga máis desexada! Despois dun ano de parón pola pandemia, en outubro do 2021 comezou a undécima edición da Liga Máis que Auga de Pádel, a máis veterana das que se celebran en Vigo, e a pasada fin de semana tivo o seu broche final, coa entrega de trofeos.

 

Foron oito meses de competición, coa participación de máis de 130 parellas das categorías masculina, feminina e mixta, nos diferentes niveis (pas amarela, laranxa, verde, azul e marrón) e, por suposto, moita ilusión e ganas de gozar do pádel.

 

Na competición masculina, estes foron os resultados: Na pa laranxa Brais López/José Fernández superaron na final a Óscar e Borja Pérez; na pa verde os vencedores foron Pablo Pérez/Rubén Chan que se impuxeron a Michel  Ridman e Marco Vázquez; na categoría azul, triunfo de Guillermo López e Joan de Araujo sobre a parella Alejandro Pérez e Pablo Fernández e, por último, na pa marrón, vitoria de Javier Vidal e Samuel Míguez sobre  Miquel Montado e Roberto  Recamán.

 

Na categoría feminina, Mónica García e Julia Vázquez impuxéronse no nivel laranxa a Mónica López e Patricia Reis. Por outra banda, na pa verde, as campioas foron Ana Costas e Nuria Pérez, mentres que as subcampioas foron Ana  Toyos e Cecilia Otero.

 

E por último, destacar aos finalistas en mixto. Na pa laranxa, proclamáronse campións Laura Emilia Fernández e  Anxo  Cachinero, que se impuxeron a María Abel Paz e David Padín. Na pa verde, os campións foron Santiago González e Andrea Rodríguez; mentres que subcampións son Francisco Álvarez e Estela Regueira e, por último, na pa azul, triunfo para Carmen Rajoy/Benigno Martínez, sobre Javier Álvarez e Patricia González.

 

Foi unha xornada festiva e tamén deportiva, xa que ademais da entrega de premios celebrouse un torneo, no que participaron moitas das parellas que disputaran a liga. E é que como ben sabemos, o pádel engancha!

 

Ademais queremos contarvos que este ano, ser campión da Liga Máis que Auga ten un premio dobre, xa que os campións da Liga e da Fase Final terán unha praza para competir no PadelPrix de Cerceda representando a Máis que Auga. Aí estaremos animándovos!

Así que en  Máis que Auga xa estamos a pensar na liga da próxima tempada na que esperamos volver contar con todas e todos vós.