A tremer de medo no Samaín!

29/10/2019

Chega un dos días máis terroríficamente divertido do ano! O noso Samaín! E en Máis que Auga queremos celebralo cos nosos nenos e nenas o xoves 31 de outubro cunha gran festa en Máis que Peques Navia.

 

Queredes saber que temos preparado para os nosos rapaces e rapazas? Imos comezar ás 17 horas e esperamos aos nosos monstros de 3 a 14 anos disfrazados de forma arrepiante. E que temos para eles? Xogos, talleres, merenda, pintacaras, música e baile, concurso de disfraces…  Moitas actividades para as tres horas e media que imos pasar xuntos!

 

No taller realizaremos unha fermosa bolsa de truco-trato para gardar as lambetadas e na merenda no poderán faltar pantasmas, cabazas, galletas con formas tenebrosas, lambetadas adecuadas ao noso día do Samaín… Todo moi rico e terrorífico! Os nosos monitores son especialistas en maquillaxes cadavéricos e todas e todos os nosos pequenos poderán pasar polas súas máxicas mans para dar medo!

 

E chegará o momento do concurso de disfraces, no que faremos un desfile con todos participantes e elixiremos aos tres mellores e máis espantosos disfraces.

 

Prezos:

  • Non abonado – 10 euros
  • Abonado – 8 euros
  • Tarifa Plana – 5 euros

 

Tedes que inscribirvos nas recepcións dos nosos centros antes do 31 de outubro