Niña jugando en centro de ocio Vigo

A semana santa dos nenos en Máis que Auga

26/03/2017

Xa pensaches o plan que vas proporlle aos teus fillos nas vacacións de Semana Santa? Non fai falta que poñas a túa axenda do revés para axustar as súas vacacións ao teu horario laboral. Apúntaos ao Campus de Semana Santa Máis que Auga que se celebra do 10 ao 12 de abril de 9.30 horas a 13. 30 horas.  Quédate tranquilo: mentres ti vas traballar deixa aos teus fillos con nós  xogando ou practicando deporte nas nosas instalacións.

O Campus desenvólvese nas instalacións de Barreiro, Navia e o centro de ocio Máis que Peques. En Barreiro poden ir nenos de 4 a 14 anos,  en Navia, de 7 a 14 , e en Máis que Peques de 3 a 6. O campamento ten horarios especiais para os pais que necesiten deixalos antes nos centros ou recollelos máis tarde do horario fixado: polas mañás poden entrar unha hora antes e ao mediodía poden saír unha hora despois. Os nenos que saían máis tarde  poden traer a súa comida de casa para xantar ao mediodía.

Á hora de facer a inscrición pódense escoller días soltos ou  a semana. Os nenos que se apunten antes do 2 de abril teñen un pequeno desconto.

  • Día solto: 10 euros para abonados e 15 euros para os non socios
  • Semana: 27 euros para abonados e 42 para non socios

As tarifas para quen se inscriba despois do 2 de abril son:

  • Día solto: 12,50 euros  para abonados e 17,50 euros para non socios
  • Semana: 30 euros para abonados e 45 euros  para non socios

Para quen apunte a máis dun irmán e para os que se inscriban no horario de madrugadores ou mediodía hai descontos especiais. As inscricións poden formalizarse en calquera dos puntos de atención ao socio dos centros de Barreiro e Navia. Non se poden inscribir o mesmo día, sempre ha ser con un día de antelación.