A PISCINA DE MÁIS QUE AUGA NAVIA ACOLLE O DÍA 24 DE FEBREIRO O 100X100 SUBSTITUCIÓNS POR EQUIPOS

14/02/2024

O día 24 de febreiro volve a Máis que Auga Navia a nosa “mini olimpíada”, esa competición na que nos retamos a nós mesmos e aos de fóra e que nos asegura unha tarde chea de risas e grandes momentos con compañeiros/as e rivais. Regresa o 100×100 substitucións por equipos! E aínda que non o creades, desde o ano pasado moitas e moitos dos participantes xa traballan na auga en busca do desquite. Así que, o espectáculo está asegurado!

 

En que consiste a competición? É unha proba por equipos (de 8 a 10 integrantes, dos cales polo menos dous serán mulleres e un deles/as debe ser socio/a de Máis que Auga, ao que lle corresponderá o papel de capitán). Poden participar neste campionato un máximo de 11 equipos.

 

A principal novidade e atractivo deste ano é que o equipo poderá marcar a súa propia estratexia e decidir como se dividen as quendas. En edicións anteriores cada competidor facía unha quenda de 100 metros e daba paso ao seguinte…  e así ata completar os 10 quilómetros. Pero este ano non. Todos os compoñentes do equipo deben realizar 1.000 metros e en series de 100, pero poderán facelas como prefiran, dous ou tres series seguidas, ou alternas, tratando así de sacar partido ao máximo ás calidades de cada nadador/a.

 

Se queredes participar no 100×100 substitucións por equipos, debedes inscribirvos antes do 22 de febreiro ás 14:00 horas, na recepción de calquera dos nosos centros, aínda que é recomendable Navia xa que será aí onde deberedes abonar o custo da inscrición (30 euros por equipo).  Lembrade, que será por orde de inscrición e ata completar aforo…  O evento comezará ás 15:30 horas, coa reunión de capitáns. Ás catro comezará o contacto coa auga para quentar motores e ás 16:30 horas arrinca a competición, que terá como hora límite de finalización as 19:30 horas.

 

Premios. Aínda que sabemos que o máis importante é o ano que vos espera de presumir no caso de vencer, tamén teremos premios para os tres primeiros clasificados. O vencedor recibirá un trofeo e unha mensualidade gratis no abono MQA para os integrantes do equipo que sexan socios da instalación, mentres que os non abonados terán a posibilidade de abonarse con matrícula gratis. O segundo clasificado tamén terá o seu trofeo correspondente, así como, durante un mes, un curso de natación gratis de dous días á semana (tanto para socios como non socios), mentres que os terceiros terán o seu trofeo e un curso de natación gratis durante un mes dun día á semana.

 

A continuación, tedes o regulamento do 100×100 e a ligazón para inscribirvos canto antes, porque son prazas limitadas.