A PARTIR DO 1 DE XANEIRO, AS RESERVAS E PAGOS DE PÁDEL SÓ SERÁN EN LIÑA

22/12/2022

Aninovo, vida nova. Nesta ocasión imos aplicar o refrán ao pé da letra no noso servizo de reserva e pago das pistas de pádel. A partir do 1 de xaneiro tanto as reservas como o pago realizarase de forma on-line, para axilizar o proceso, evitar colas nas recepcións e investir menos tempo neste proceso, que será moi sinxelo. Así, só terás que preocuparte polo que pasará na pista, que é o máis importante.

 

Reserva de pista

As reservas realizaranse ou ben a través da web ou ben desde a MQAPP do teu móbil. É un proceso moi sinxelo, pero xa sabedes que, se tedes algunha dificultade, os nosos técnicos/as están á vosa disposición para axudarvos, tanto na instalación da APP como nos pasos para realizar unha reserva. En breve, tamén poderás realizar as reservas de maneira presencial nos tótems que instalaremos nas recepcións dos nosos centros.

 

Pagos

Igual que no caso da reserva, xa só se realizará de forma en liña e así evitaremos as colas que se formaban na recepción, para abonar as pistas.

O pago con tarxeta xa era un sistema moi utilizado no momento de facer a reserva e, por suposto, manterase. Ademais, incorporamos dous novos métodos:

 

MOEDEIRO EN LIÑA: Poderás realizar recargas de 20, 50, 100 e 200€, que se agregarán á túa ficha de usuario/a e coas que posteriormente poderás pagar os teus reservas. Ademais, na túa primeira recarga terás unha bonificación do 10% sobre o custo da mesma. En realidade, o moedeiro como tal existía, pero a recarga tiña que realizarse na recepción do centro. Agora, o usuario/a poderá adquirir o bono directamente desde a web. Para iso dispoñerá dun botón aloxado na url https://maisqueauga.deporsite.net/p-reservas-padel, que é a mesma na que se reservan as pistas de padel de Navia e Barreiro.

 

TARXETA TOKENIZADA: É unha opción aínda máis rápida, xa que unha vez “tokenices” a túa tarxeta, non terás que pararte a meter os datos da túa tarxeta. No momento no que fagas a reserva, realizarase o pago de forma automática.

Para tokenizar a tarxeta só terás que achegarte á recepción dos nosos centros e alí, xunto a un dos nosos compañeiros/as realizaralo nuns minutos e xa poderás esquecerlo.

 

Todos estes cambios, que teñen o obxectivo de facer o proceso moito máis rápido e sen esperas, estarán operativos a partir do 1 de xaneiro do 2023, pero nestes días previos, estamos á túa disposición para axudarche a baixar a aplicación, tokenizar tarxetas ou aclarar as túas dúbidas.