A NOSA PROPOSTA NO DÍA MUNDIAL CONTRA A OBESIDADE: ACTIVIDADE FÍSICA E COMIDA SAUDABLE

04/03/2022

O 4 de marzo celébrase o Día Mundial contra a Obesidade, que ten o obxectivo prioritario de concienciar sobre unha pandemia que afecta a 800 millóns de persoas no mundo e que carrexa multitude de enfermidades graves (físicas e mentais), o cal se ve reflectido nun dato estremecedor: os expertos advirten que as persoas con obesidade grave viven unha media de dez anos menos que a poboación sa. A pandemia da obesidade esténdese polo mundo como unha mancha de aceite que non deixa de crecer. Estímase que desde 1967, esta enfermidade  se triplicou, afectando principalmente ás mulleres e actualmente alcanzando de forma moi clara a nenos e adolescentes. E por se estes datos non fosen suficientementes, a todo isto hai que sumarlle a  COVID, que provocou un maior sedentarismo na poboación mundial.

 

Evidentemente é un problema moi grave a nivel mundial e para plantarlle cara e ir freando este avance é necesaria a unión e a intervención de todos e todas. Así o explican desde a Organización Mundial da Saúde: “A obesidade é un problema mundial, e aféctanos a todos. 800 millóns de persoas viven coa enfermidade, e millóns máis están en risco. Sabemos que as raíces da obesidade son profundas, e a única maneira de avanzar é traballando xuntos. Por iso pedimos que se actúe a nivel local, nacional e mundial”.

 

Desde  Máis que  Auga queremos sumarnos a esta intervención global e ímolo a facer con dúas accións tremendamente sinxelas, pero tamén moi efectivas.

 

A primeira, cambiar os hábitos alimenticios e apostar por comida saudable. Imos esquecernos da comido lixo e apostemos pola comida de verdade. Pero non vos angustiedes con esa palabra que nos pon en alerta: Dieta. Non falamos de dieta, senón de modificar os nosos hábitos alimentarios seguindo unhas pautas moi sinxelas: Incrementar o consumo de froitas, vexetais, cereais e legumes; beber máis auga e bebidas saudables; tentar consumir menos graxas saturadas e evitar ao máximo o consumo de alimentos  ultraprocesados, azucres e graxas  trans. Se queres, tamén podes apoiarte no noso gabinete de nutrición, onde a  nutricionista Conchi  Adrover, establecerache un menú rico, variado e saudable. Non é verdade que comer san sexa aburrido! E ela pódevolo demostrar.

 

Exercicio na túa vida. A nosa segunda acción: Pon un pouco de exercicio na túa vida. Nunha sociedade cada vez máis sedentaria, e máis se o teu traballo é de oficina e pasas oito horas sentado/a diante do computador, tes que buscar un momento para a túa saúde e o teu corpo. Unha hora de exercicio no ximnasio, ou camiñando a un ritmo alto, ou mesmo exercicio en casa, é unha gran acción para comezar a loitar contra a obesidade. Como na alimentación, non é un castigo, senón un cambio de vida, incorporando a actividade física aos teus hábitos diarios. E aínda que agora te pareza unha quimera, o certo é que se verá reflectido na túa vida: Durmirás mellor, diminuirá o estrés e aumentará o teu benestar, tanto físico como psicolóxico.