A diversión, un dereito dos nenos

18/11/2016

Un dos maiores esforzos de Máis que Auga está dirixido a promover hábitos de vida saudables nos nenos a través do deporte. Por eso temos deseñado unha ampla gama de actividades nas que poden participar dende os 6 meses ata os 14 anos: para que non haxa excusa! En Máis que Auga temos máis de 5000 nenos que veñen gozar das  diferentes actividades tanto de balde como de pago.

A escola de actividades acuáticas Máis que Auga  é unha das preferidas polos nenos: nela aprenden a relacionarse coa auga dende ben pequenos e van perfeccionando o seu nivel de natación. Os nenos tamén gozan nas  nosas  piscinas  de actividades lúdicas como Festifamily que está pensada para que xoguen xuntos pais e fillos os fines de semana.

Máis que Auga é pioneira en ofrecer aos rapaces alternativas ás  prácticas deportivas tradicionais: nas nosas instalacións poden practicar zumba, ioga, wodfit, fitness e pilates. O taekwondo e o padel son deportes aos que tamén teñen acceso os nenos. As actividades están adaptadas ás idades dos alumnos dende unha perspectiva lúdica: trátase de que os nenos fagan deporte pero sobre todo que o pasen ben.

Máis que Auga Barreiro conta cun servizo de xogoteca os martes e xoves pola tarde. Máis que Auga Navia ten un centro de ocio infantil que abre todas as tardes de luns a venres. Os fines de semana abre todo o día e celebra cumpreanos no propio espacio e na piscina pequena.

Os nenos que teñen o bono familiar de Máis que Auga  van de balde ás clases de zumba, fitness e wodfit. O prezo do bono en Barreiro e Coia é de 36,50 euros mensuais para o titular, cun suplemento 6,05 euros mensuais para o cónxuge ou fillo ata os 14 anos.  En Navia o abono é de 37,50 euros mensuais para o titular e un suplemento de 9 euros para o cónxuge ou fillo.