A cea de fin de curso de Máis que Auga, na illa de Ons

12/06/2016

Máis que Auga pon fin a un longo e intenso curso 2015/2016 coa tradicional cea de verán á que está invitada toda a familia Máis que Auga: traballadores, socios, usuarios e todos aqueles que queiran acudir como acompañantes.

A gran novidade deste ano é que se celebra na illa de Ons, con todo o que iso supón. Alí servirase unha cea cocktail e celebrarase unha gran festa con premios e sorpresas. Iremos nun barco da naviera Piratas de Nabia desde o porto de Vigo, que partirá ás 22.00 horas,  e volveremos de madrugada.

A cita, o vindeiro sábado 18 de xuño e as inscricións están abertas nas tres recepcións de Máis que Auga ata o xoves 16 de xuño, incluído. O prezo é de 32 euros por persoa e inclúe cea e viaxe.