A CARREIRA VIGO+11, ÚLTIMA PROBA DO CIRCUITO RUN RUN 2023, COMEZA E ACABA EN MÁIS QUE AUGA COIA

01/12/2023

O 10 de decembro celebrarase a carreira Vigo+11, última etapa do circuíto Run Run Vigo 2023, e temos a sorte de que o noso centro Máis que Auga Coia será punto de saída e chegada da proba. Así, o circuíto Run Run finalizará na porta da nosa instalación e Máis que Auga será entidade colaboradora da proba.

 

A proba

A Praza da Tellada será o punto de saída e chegada da carreira Vigo+11, e os participantes poderán facer uso da instalación de Coia ese día (vestiarios, duchas, piscina…).  A entrega dos dorsais realizarase no propio centro, o sábado 9 de decembro (de 10 a 21:00 horas) e o domingo de 9:00 a 10:00 horas.

 

Haberá carreira para nenos/as e adultos. No caso dos peques, que terán inscrición gratuíta, terán diferentes distancias dependendo da idade, desde os 100 metros para os máis pequerrechos ata os 1.500 metros para os sub 16. Ah, os cen primeiros rexistrados nas probas dos menores recibirán unha divertida camiseta de agasallo de “super winner”, obsequio de MQA.

 

En adultos haberá dúas probas, dependendo da distancia elixida: 5 ou 10 quilómetros. E aquí chega a promoción para os nosos asociados/as: As persoas abonadas que queiran participar na proba, terán un desconto do 40% na inscrición. Ao introducir o código MAISQUEAUGA, o custo da inscrición será de 6 euros, no canto de 10€.

 

E tamén haberá algunha promoción para os participantes que non son socios e queiran incorporarse á familia MQA. Aquelas persoas que se queiran abonar poderán facelo, durante a semana do 11-17 de decembro, con matrícula gratis, presentando o flyer que entregaremos no momento no que recollan o dorsal.

 

No caso dos nenos/as haberá unha oferta para os cursos de natación. Aqueles peques que se inscriban antes do 31 de xaneiro presentado o flyer que se entregará co dorsal, terán o primeiro mes do curso gratis.

 

Así que o día 10 de decembro temos unha cita convosco e co deporte na carreira Vigo+11, que comezará e finalizará en Máis que Auga Coia!