Paratriatleta en las instalaciones de gimnasio Vigo

“A capacidade de superarse está en todos”

30/01/2017

A paratriatleta e diploma olímpico en Río, Susana Rodríguez Gacio é unha das nosas deportistas de élite á que temos a satisfacción de vela adestrar nas instalacións de  Máis queAuga. Susana é un exemplo de tesón, disciplina e forza de vontade como ten demostrado en todas as facetas da súa vida, non só no ámbito deportivo. Falamos coa nosa paratrialtleta de élite dalgúns dos seus obxectivos para este ano que acaba de comezar.

Cales son os retos que tes marcados para este 2017?

Como obxecitvo principal teño a tempada  ITU das carreiras internacionais. Este ano correremos as tres series de paratriatlón do mundo que son unhas novas probas co nivel máis alto, o campeonato do mundo en setembro e o europeo en xuño. Tamén farei o Desafío Illas Cíes de natacion de 10km. E se me porto ben durante a tempada, de premio regalareime correr o medio maratón en  Vigo, xa se verá.

Cómo fas para manter  a túa disciplina?

Manter a disciplina para min é parte do meu día a día dende hai moito tempo. Sei que só con ela se pode chegar a alcanzar os obxectivos que un se marca. Teño claro o que necesito cada día para acadalos e dende que me ergo penso en facer o que me propuxen nesa xornada.

Qué consello lle darías á xente que pensa que non é quen de cumprir os retos que se marca?

Pode que ás veces pensemos que  estamos  como “predestinados” a non acadar  algo porque en teoría non cumprimos as cualidades ou requisitos esperados… pero a capacidade de superarse está en todos. Empezando por obxectivos pequenos, para non obcecarse, sempre se pode ir a máis.

Cal é a túa rutina de adestramento?

É unha mestura diaria para facer na semana 5 sesions de natación, 4 de carreira, 4 de bici e 2 de ximansio. O tempo, volume e intensidade varía segundo a época da tempada na que nos atopemos. Luis Piña o meu adestrador encárgase de organizar todo.

Qué che aporta Máis que Auga aos teus adestramentos?

Mais que Auga apórtame unhas instalacions de gran calidade, sobre todo Coia pola súa ubicación. No  verán cando se achegan os obxectivos clave tornase ainda máis importante porque moitas instalacions na cidade pechan  mentres que a Máis que Auga sempre podo ir mantendo os meus horarios e o confort. Ademáis o equipo de Máis que Auga fai sempre que reine o bo ambiente que é clave nun ximnasio.