A MQAPP, PARA TER TODO A MAN

23/02/2022

Descargaches a APP Máis que Auga? Se aínda non o fixeches, xa estás a tardar! É un magnífico instrumento para ter todos os nosos servizos ao teu alcance de forma moi rápida e intuitiva. Desde a MQAPP, que é gratuíta, poderás elixir o teu adestramento, facer a reserva das túas clases, ver os horarios, recibir información…

 

A  MQAPP conta cun menú moi claro no que aparecen diferentes opcións: Seleccionar un adestramento, reserva de actividades, saúde, notificacións, calendario, logros e nutrición. Imos facer unha viaxe por ela!

 

Seleccionar adestramento. É o primeiro apartado que aparece na APP e no momento de elixir podes apostar por diferentes opcións dependendo do obxectivo que busques: adelgazar, natación, relaxación- antiestrés,  running e  tonificación fitness. Unha vez seleccionada a túa opción, aparecerá o adestramento marcado, cos exercicios para realizar (cun pequeno vídeo de cada un), coas repeticións, o tempo, e as  kilocalorías a gastar…

 

Última pesada. Aparecerache a última pesada realizada nas instalacións de  Máis que Auga, co peso e as porcentaxes de graxa e músculo. Só tes que, antes de usar as básculas dos nosos centros, conectalas ao teu usuario.

 

Reservas. Tamén poderás consultar os horarios das diferentes clases e realizar os teus reservas, tanto para as clases incluídas no abono que se imparten nos nosos centros, como para o servizo de fisioterapia e nutrición, ou para o pádel. Tamén che permitirá anulala, no caso de que finalmente non poidas acudir.

MQAPP

En saúde podes ter gardados os resultados das túas pesadas. Tal e como che indicamos antes, para que aparezan os teus datos, lembra que antes de usar as básculas en Máis que  Auga, deberás conectalas ao teu usuario.

 

Nutrición. É unha das últimas novidades de nosa APP:  Un plan de alimentación adaptado ás necesidades do socio/a.  Trainingym  diet xera propostas de alimentación saudables dotados de respaldo profesional e científico.

 

Ademais, a través da MQAPP estarás informada/o de todas as novidades (promocións, novos  servizos, actividades especiais..) ou ben podes ter mensaxes do teu adestrador ou do centro.

 

Despois do rápido percorrido que realizamos por nosa APP estamos seguros de que te animarás a descargala, se é que aínda non a tes. Porque se che parece sinxela coa nosa explicación, o é aínda máis, cando te pos a navegar por ela, con menús claros e directos.

 

Descargala non pode ser máis sinxelo e lembra que é gratuíta. Podes facelo no teu móbil buscándoa en Play Store ou APP Store, dependendo do sistema operativo do teu teléfono. Unha vez descargada a aplicación, solicita ao teu técnico/a de sala fitness ou ao persoal de atención ao  usuari@ a clave de acceso para comezar a utilizala.