A ACADEMIA DE PÁDEL MÁIS QUE AUGA CELEBRA A SÚA SEMANA DE PORTAS ABERTAS DO 11 AO 16 DE SETEMBRO

02/09/2023

Xa é case unha cita ineludible. Todos os meses de setembro a Academia de Pádel Máis que Auga celebra a Semana de Portas Abertas para que tanto menores como adultos poidan achegarse ao pádel e á metodoloxía de ensino da nosa academia. Así, este ano, as xornadas de portas abertas celebraranse do 11 ao 16 de setembro nas instalacións de Barreiro e Navia. Todas aquelas persoas que queiran coñecer o deporte social de moda, poderán facelo de forma gratuíta, aínda que iso si, deberán inscribirse na páxina web de Máis que Auga e canto antes porque son prazas limitadas.

 

En que consiste a actividade? Son clases en grupo, dirixidas por adestradores/as da academia nas que se explicará a nosa metodoloxía de traballo. Estas clases están pensadas tanto para persoas que nunca practicaron pádel como para aquelas que xa o fixeron. Ademais, a principal novidade deste ano é que aumentamos os niveis, para cubrir mellor as necesidades. En adulto, hai tres niveles (descobre, iniciación e intermedio), mentres que para os nenos/as contamos con dous: mini pádel para os máis pequenos (de 7 a 11 anos) e júnior, para mozos de 12 a 16 anos.

 

Para apuntarte á Semana de Portas Abertas debes realizar a inscrición a través da páxina web de Máis que Auga, nun proceso moi sinxelo, no que deberás seleccionar centro, día e horario. Lembra que son prazas limitadas e o prazo de inscrición pecharase cando se complete o aforo. Como todos os anos, Máis que Auga facilitará o material necesario, así que só debes vir con roupa cómoda para facer deporte e moitas ganas de pasalo ben. A continuación, a ligazón para realizar a inscrición.

En 2011, coa apertura do centro de Barreiro, comezou esta actividade, que xa é unha tradición en Máis que Auga. Desde o primeiro ano a resposta do público foi excepcional e sempre se esgotan as prazas dispoñibles, a pesar de que o pádel é un deporte que xa está moi implantado na nosa cidade. Actualmente a Academia MQA conta con 650 alumnos/as e é a maior de Galicia.