Queres gozar dunha competición de pádel con xogadores doutro país? A Academia de Pádel Máis que Auga, en colaboración con Wepadel de Coimbra, organiza un torneo luso español dividido en dúas etapas:
Máis que Auga (Navia): 29 e 30 de abril
Wepadel (Coimbra): 22 e 23 de xullo
A inscrición é individual en cada etapa e os inscritos xogan varios partidos en dous días. O torneo está dirixido exclusivamente a adultos afeccioados (niveis iniciación e intermedio) sexan ou non abonados de Máis que Auga.
As categorías son masculina, feminina e mixta. As prazas están limitadas a 96 parellas. As inscricións só se poden realizar a través da web. O prezo de inscrición é de 16 euros e o pago ha de facerse na recepción de Navia antes de xogar o primeiro partido.
Para dúbidas ou calquera outra información podes escribir a padel@maisqueauga.com ou chamar ao teléfono 34 699 734 200