Descubre os beneficios dos hipopresivos con Máis que Auga

11/10/2016

Máis que Auga ofrece aos seus usuarios a actividade de  hipopresivos, un dos exercicios máis de moda nos últimos anos polos beneficios que conleva para a saúde. Os hipopresivos se imparten nas  tres áreas deportivas de Barreiro, Coia e Navia diferentes días á semana en horarios de mañá e de tarde. A práctica de exercicios hipopresivos é boa para: o reforzo e a rehabilitación do solo pélvico, a recuperación posparto, o alivio de dores lumbares e o rendemento deportivo. Os hipopresivos tamén teñen unha importante función estética porque axudan á reducción do perímetro abdominal.

Os hipopresivos son un sistema global de adestramento que mestura técnicas de estiramento do sistema nervioso con traballos de respiración, fundamentalmente apneas. O obxectivo destes exercicios é eliminar as presións intraabdominais.

A maioría dos usuarios que acuden as clases de hipopresivos son mulleres pero tamén están indicadas para homes, sobre todo para previr lesións derivadas de prácticas deportivas de alto impacto como por exemplo o running.

O prezo da actividade de hipopresivos nos centros de Barreiro e Coia é de 8,10 euros mensuais para abonados (o que da dereito a un día de clase semanal) e de 16,20 para os eventuais. No centro de Navia o prezo é de 8,35 euros mensuais para abonados e de 16,65 euros para eventuais.