Máis que Auga está a realizar, por quinto ano consecutivo en Nadal, unha campaña solidaria de recollida de alimentos para as familias máis desfavorecidas de Vigo. Se queres colaborar con esta iniciativa, podes facelo deixando alimentos non perecedoiros no punto de recollida dos centros de Barreiro, Coia e Navia.
A campaña a favor de Banco de Alimentos de Vigo comezará o luns 21 de decembro e estenderase ata fin de 2015. O obxectivo é superar o conseguido o pasado ano (600 quilos) e para iso necesitamos a colaboración de todas e todos. Xa sabedes que o que se solicita son alimentos non perecedoiros: Aceite, leite, arroz, pasta, latas, potitos para nenos…