NON CORRAS SÓ, PROBA O RUN SOCIAL!

08/05/2022

Hai días nos que custa un pouco máis subir á cinta para correr, nos que necesitas unha motivación extra para empezar a suar. Así que hoxe ímosche facer unha proposta para eses días: Proba o Run Social!

 

O  Run Social é un sistema integrado nas cintas de LifeFitness de Máis que Auga, que che permitirá penetrar en espazos naturais reais, o cal sen dúbida achega un aliciente extra ao esforzo, xa que poderás coñecer lugares moi fermosos. Desta forma, elixes o percorrido (A  Toscana, Monterrey,  Sequoia, Irlanda…) e a cinta axustará automaticamente a pendente en función do percorrido seleccionado. Por suposto, serás ti quen decida o ritmo que queres marcar.

 

Ademais, durante o tempo que esteas a realizar ese itinerario poderás coincidir con outras persoas, tamén reais, que están a correr ao mesmo tempo que ti (ou noutro momento), desde outros puntos, incluso outros países. Desta forma, podes estar a correr pola Toscana e alí te poderías atopar con Tom de Londres,  Felipa de Italia; Roger de Australia, Julie de New York, ou calquera outra persoa de Tokyo. Serán os teus compañeiros de viaxe virtuais e así poderás ir competindo con xente que está a facer o mesmo que ti, esforzándose nunha cinta desde a súa casa ou o seu ximnasio en calquera punto do mundo.

Run Social

Podes acceder a Run Social a través da pantalla de calquera das nosas máquinas de LifeFitness. Pero, se non sabes como acceder a este programa, non dubides en poñerte en contacto con calquera dos nosos técnicos ou técnicas de sala para solicitar a súa colaboración.