REGRESAN OS MINIMAX A BARREIRO E COIA!

14/10/2021

Co inicio de tempada, regresan os Minimax aos nosos centros de Coia e Barreiro. Os Minimax son adestramentos específicos en grupos reducidos (de 3-4 persoas), que se desenvolverán nun espazo reservado dirixidos por un técnico.

 

Hai diferentes tipos de  Minimax, dependendo dos obxectivos que se busquen: Perda de peso, costas sas, mellorar o teu estado físico en xeral… E vai dirixido a todo tipo de público, tanto por xénero, como idade ou intereses. Hoxe queremos presentarvos a  Hilda Gómez, unha socia de  Coia, que comezou cos  Minimax desde a súa presentación en marzo deste ano e está encantada.

 

Hilda acode ao  Minimax de costas sas, xa que “tiña algúns problemas coa perna dereita e estaba a facer diferentes exercicios: Na auga,  pilates… e cando saíron os  Minimax, preguntei, probei e xa quedei”, explícanos Hilda que fala e vive cunha vitalidade dunha  xovenciña, pero en realidade é unha  xovenciña de 79 anos, que vén case todos os días a  Máis que  Auga e fai un pouquiño de todo: bicicleta, cinta, clases de zumba,  aquagym,  minimax…

 

Hilda cóntanos que estes grupos reducidos van moi ben, xa que permite un traballo moi personalizado co técnico, e precisamente para el van os mellores eloxios. “Jesús é excepcional. Axúdache, explícache, guíache, ten paciencia…. É marabilloso”, afirma a nosa socia. Cando lle preguntamos se está contenta, contesta como boa galega: “Senón me gustara, non seguiría. Claro que mellorei!”.

 

Agora mesmo é o mellor momento para probar  Minimax, xa que ofrecémosche a opción de contratar catro meses, ao prezo de dous! Pagando os catro meses por anticipado, o prezo  total é de 40 euros, mentres que se pagas mes a mes, terá un custo de 20 euros ao mes.

 

Aquí tedes os horarios, pero en caso de dúbidas, só tedes que preguntar nas nosas instalacións, onde vos explicarán á perfección como funciona o servizo, en que espazo, prezos e demais.

 

BARREIRO

PERDA PESO

LUNS 11:15

XOVES 19:15

 

COSTAS SAS

LUNS 18:45

XOVES 11:15

 

COIA

PERDA DE PESO

MIÉRCORES 19:30

VENRES 10:30

 

COSTAS SAS

LUNS 10:00

MARTES 11:30

MÉRCORES 18:00

XOVES 17:00

 

FUNCIONAL

MÉRCORES 11:00 HORAS