O próximo 25 de xuño estrearemos en Máis que Auga Coia Pool Action, unha nova actividade acuática! É unha clase pensada para as e os mozos, de idades comprendidas entre 12 e 17 anos, para que poidan gozar dunha actividade diferente na auga e máis agora, no verán, que apetece moito máis estar na piscina.
Que é Pool Action? Unha combinación de exercicios aeróbicos, de forza e cardio, acompañada pola música, que sempre achega moita alegría e ritmo ás nosas clases. Acudimos á nosa técnica Nerea Castro para que nos explique que se van a atopar os nosos novos usuarios en Pool Action: “É unha actividade lúdica e moi dinámica, porque inclúe diferentes propostas: Natación, exercicios de resistencia e forza, uso de materiais para traballar tanto dentro como fóra da auga e, todo iso, ao ritmo da música”. Con esta proposta téntase chegar a unha franxa de idade que reclamaba unha opción máis ás clases de natación, unha vez xa aprenderon a nadar.
A sesión de Pool Action estará dividida en tres partes. Nos primeiros dez minutos traballarase na piscina grande onde nadarán e realizarán un traballo aeróbico. Posteriormente desprazaranse ata a piscina pequena onde o adestramento dividirase en dúas partes. Na primeira (10 minutos), realizaranse exercicios de forza grazas á resistencia natura da auga e sempre ao ritmo da música, que nos manterá o espírito en todo o alto. Despois, chegará o momento dun adestramento de alta intensidade (método de adestramento tábata), que se combinará cun circuíto rotativo (dentro e fóra da auga), no que utilizarán unha gran variedade de materiais como kettlebells, discos, mancuernas, etc.
Pero a mellor maneira de coñecer Pool Action é probándoo, así que non o dubides e apúntate a esta primeira clase que se celebrará o día 25 de xuño (12:30 horas na piscina de Coia). É gratuíta para os socios/ as e para os non abonados o prezo é de 2,55 euros. Reserva na recepción da túa instalación, ata completar as prazas dispoñibles!
Esta será unha das novidades que teremos na programación deste verán, adicada ecentrada aos máis novos.