O domingo arrinca o World Padel Tour en Navia e ti podes estar alí!

07/05/2021

O domingo comezará no complexo de Pádel de  Máis que  Auga Navia a  pre-previa do  Cupra Vigo Open, terceira proba do World  Padel Tour 2021, evento que conta coa participación das mellores pas a nivel mundial e, por suposto, neste caso, dos mellores galegos. Será a segunda vez que  Máis que  Auga acolla este gran torneo, despois da edición do 2019, cun gran éxito tanto a nivel organizativo como de afluencia de público (totalmente gratis nas nosas instalacións).

 

Este ano todo é diferente. Debido á situación sanitaria actual, a organización do  WPT decidiu limitar e controlar o aforo, de forma que en Navia só haberá invitacións para os participantes e 34 máis para  Máis que  Auga, que decidiu sortear as mesmas, en horarios de mañá e tarde, co obxectivo de que a maior cantidade posible de afeccionados ao pádel poidan acudir ao evento.

 

Como será o sorteo?  Máis que  Auga realizará o sorteo a través da súa páxina web na que habilitou unha ligazón ( https:// maisqueauga. com/é/ worldpadeltour/). As persoas interesadas deben seleccionar os horarios e días nos que poderías acudir e cubrir os datos que se solicitan.  A selección dos/ as gañadores/ as farase de forma aleatoria mediante 5 sorteos realizados a través da plataforma  Easypromos e comunicarase o resultado aos premiados a través de sms. A continuación, tes a ligazón para poder participar no sorteo das entradas.

Competición. Hoxe venres comezou a montaxe en Navia, que finalizará mañá para poder iniciar coa competición o domingo. Coa inscrición pechada, o xoves procedeuse ao sorteo do cadro, tanto na categoría masculina como feminina. Unha vez máis, teremos a oportunidade de ver en acción a moitas das mellores parellas do pádel mundial. Destaca, no cadro masculino, o parella número 1 do mundo, Juan  Lebrón- Alejandro Galán, que foi a parella revelación no ano 2020 e que vén de conseguir o triunfo na proba da  WPT en Alacante. Na categoría feminina, tamén se atopa en Vigo as número 1: o tándem formado por Gemma  Triay e Alejandra Salazar, que tamén lograron a vitoria en Alacante.

 

Nesta primeira xornada de  pre-previa teremos a oportunidade de ver en acción ao noso deportista  Máis que  Auga, Nacho Vilariño, co seu compañeiro Toño  Gónzalez, que se enfrontarán á dura parella francesa formada por  Bastien  Blanqué (tricampión francés) e Thomas  Leygue. Sen dúbida será un complicado cruzamento, pero o vigués asegura que “chegamos ben, despois de varias semanas adestrando a un gran nivel”.  En caso de triunfo, volverían xogar o mesmo domingo ás 18:00 horas. E no cadro feminino, por suposto temos que sinalar ás viguesas, as irmás Barciela, que igual que Nacho Vilariño, no ano 2019, renderon a un fantástico nivel en casa.

 

Na seguinte ligazón tedes toda a información sobre o torneo, resultados, cadros…