Se che dá preguiza ir en solitario ao ximnasio ou che falta motivación; se necesitas que alguén cualificado estableza unhas pautas de traballo para alcanzar obxectivos… Este servizo de adestramento persoal pode ser o indicado para ti!
Que é o servizo de adestramento persoal que ofrece Máis que Auga? O noso técnico de Máis que Auga Navia, Aitor Domínguez, explícanolo así: “É un servizo personalizado, axustado aos obxectivos específicos do cliente, baseado no rigor e recomendacións científicas para a consecución deses obxectivos”. Pero que esta definición non vos faga pensar que só está recomendado para grandes obxectivos, nin moito menos. Está dirixido a todo tipo de poboación, explícannos os nosos técnicos Aitor e Alex Pérez, desde os nenos á terceira idade, e con obxectivos moi variados (saúde, estética ou rendemento deportivo).
Así, entre os usuarios podemos ter desde nenos que necesitan baixar peso; a persoas que queiran recuperarse dunha lesión, xente con problemas de costas, outros que simplemente quere poñerse en forma ou ben traballar a musculación… A realidade é que non existe un perfil de usuario tipo, xa que hai un mixto bastante equilibrado tanto por sexo como por idades.
Como funciona? Se estás interesado, debes achegarche á recepción do teu centro e preguntar por este servizo. O técnico poñerase en contacto contigo para coñecer cales son os teus obxectivos, a situación na que te atopas, dispoñibilidade horaria e marcar así o programa a desenvolver.
O adestramento pode ser de media hora ou unha hora, segundo decidan ambas as partes conxuntamente e durante este tempo, o monitor estará xunto ao usuario dirixindo a sesión de traballo. Ademais, o preparador tamén che pode marcar “deberes” para casa, para que continúes a preparación e non se limite ao tempo no centro.
Nesta época post confinamento, o traballo non se complicou en exceso. Tanto monitor como cliente sempre levan máscara e todo o material que se utiliza se desinfecta antes e despois do uso. Evítase o contacto e ademais, sempre que se pode, búscanse zonas de adestramento alternativas a sala fitness, para que sexa máis cómodo.
Así que, se estás interesado neste servizo, non dubides en acudir á recepción dos nosos centros e preguntar polo adestramento personalizado. Alí explicaranche as condicións e buscarán a fórmula que mellor se che adapte.