O embarazo é unha etapa moi especial na que a muller cambia en todos os aspectos e require uns coidados especiais e adecuados a este período. En Máis que Auga queremos acompañarte tanto durante o embarazo como nos meses posteriores, para axudarche a emendar as molestias típicas do embarazo (dores de costas, ciática, pernas inchadas…) como na recuperación posterior (chan pélvico, faixa abdominal, traballo postural…). Para iso contamos coas nosas clases de fitmon e embarazauga (preparto) e fitmon post parto. Queres coñecelas? Imos compartir con Jana, Conchi e as mamis as súas clases en Máis que Auga Navia.
Embarazada
Co embarazo o corpo cambia e aparecen dores e molestias típicas. Así, coas nosas clases de fitmon (en seco) e embarazauga (piscina) solucionaremos moitos dos problemas que van aparecendo. Jana Nogueira, responsable deste curso, explicou que con fitmon “mellora a mobilidade articular principalmente da cadeira, exercicios respiratorios e posturais, e ademais traballamos exercicios de tonificación en xeral”. Andrea, que agora xa ten nos seus brazos a Alma, lembra que “cando estaba embarazada tiña ciática e estaba fatal. Fun ao fisioterapeuta e nada, ata que cheguei aquí. Co traballo indicado por Jana desapareceume por completo”.
A outra opción para as mulleres xestantes é embarazauga, que é unha clase no medio acuático onde se realizan exercicios variados para manter e mellorar a mobilidade e condición cardiorrespiratoria da futura mamá. Na piscina teñen máis mobilidade e liberdade de movemento debido á presión hidroestática da auga”. Vero Simóns comezou as súas clases na auga fai moi pouco, para axudarlle no seu primeiro embarazo. Vero, socia de Máis que Auga, chegou a estas clases pola recomendación de amigas: “Evidentemente é convinte facer exercicio durante o embarazo, pero de forma segura e guiada por profesionais que saben que debemos facer”, explicou nosa abonada que está embarazada de 24 semanas.
E na súa clase tamén está Rebeca Melio, tamén de 24 semanas, aínda que no seu caso non é primeriza, e que como Vero comezou hai uns días tanto en embarazauga como en fitmon: “Temos que coidarnos, para levar o embarazo o mellor posible, así que me apuntei en ambas clases”.
Xa somos mamás
E despois do parto, aínda máis traballo! Hai que recuperar o corpo, ás veces tamén o estado anímico, e todo iso acompañado por un bebé, que necesita de ti case en exclusividade. Pois para estes momentos temos a nosa clase de fitmon post parto, na que as mamás poden ir acompañadas dos seus bebés, que se converten no público da clase, ás veces tamén participantes, cando un pranto domina a sala e, ou ben Jana ou mamá, corren en busca do pequeno.
Andrea, Sonia, Bibiana, Susanne, Rosalía e Beatriz chegan cos seus bebés (Alma, Alba, Lucía, Max, Adrián, Xián e Lola) á clase de Jana e cun sorriso na cara, porque van gozar (e sufrir un pouquiño) do “seu momento”. Rosalía Mariño é a veterana do grupo, porque xa leva dez meses acudindo a este curso. Ela conta que “tiven un parto por cesárea e non tiven unha boa recuperación. Evidentemente non todos os corpos son iguais, e ao meu custoulle máis”. Por iso, comezou coas clases e continúa nelas porque “me veñen moi ben para recuperar forza, elasticidade e tamén a cabeza, porque o aspecto anímico tamén é moi importante”.
Beatriz, que é mamá dos xemelgos Xián e Lola de oito meses, leva xa catro meses acudindo ás clases: “Tiven un parto moi difícil, con cesárea, e estas clases axúdanche unha chea para recuperar o chan pélvico, abdome…”. Ela xa acudira ás clases pre parto, “ao ser embarazo de xemelgos aínda máis o necesitaba, e a verdade é que me axudou unha chea, tanto para eliminar molestias como de preparación para o parto”. Ademais, todas elas destacan o importante que é comezar a traballar no aspecto físico despois do parto, “pero dirixidas da forma correcta, por profesionais que nos indican os exercicios que debemos realizar”. E para iso temos a Jana, que dirixe a clase, colle en brazos ao bebé que chora e nos saca un sorriso mentres facemos os exercicios.
Os obxectivos fundamentais desta clase son “recuperar o chan pélvico e a faixa abdominal con exercicios controlados sen presión e realizar un traballo postural. E todo isto podémolo practicar con hipopresivos” e sempre “respectando as pautas obrigatorias para esta fase da vida da mamá”.